Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo participa na inauguración do Centro Internacional de Prensa de Galicia

xornalismo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado na inauguración do Centro Internacional de Prensa de Galicia, xestionado pola Asociación de Periodistas de Santiago (APSC). Tomé Roca valorou a importancia da liberdade de prensa ao tratarse “dun dos dereitos fundamentais para a democracia e o diálogo, así como para protexer os dereitos humanos”. Este novo centro servirá como lugar de traballo para todos os xornalistas galegos, españois e internacionais que visiten Galicia. No acto tamén participou o presidente da Asociación de Periodistas de Santiago, Luis Menéndez; a Tenente de Alcalde de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón, así como outros representantes de asociacións de prensa a
nivel nacional.