Deputación de Lugo
Turismo

Quintá de Cancelada, en Becerreá, acolle o I Musical Folk Asturgalaico Valdesouto co apoio da Deputación

Musical Folk Asturgalaico Valdesouto

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiu este sábado ao I Musical Folk Asturgalaico Valdesouto, celebrado en Quintá de Cancelada, no concello de Becerreá. A Asociación Cultural e Deportiva Chao de Seves impulsa esta cita, que conta cunha achega da Deputación de Lugo de 6.000€. Numerosos músicos tradicionais da zona da montaña e de toda a provincia, pero tamén de Asturias, xuntáronse nesta aldea para celebrar unha cita na que se pon en valor o patrimonio inmaterial da comarca. 

Esta é unha cita que permite consolidar o modelo de turismo que defende a Deputación de Lugo e revitaliza o rural con propostas que poñen en valor o patrimonio, explicou a Deputada. Así mesmo, os asistentes puideron visitar a exposición de carteis, impresos dende a institución provincial.