Deputación de Lugo

Corte da estrada provincial entre San Clodio e Ourense a vindeira semana

Rede provincial de estradas
Ribas de Sil
Imaxe deputación de lugo

A estrada provincial LU-P-5303, que une San Clodio, en Ribas de Sil, coa provincia de Ourense por Torbeo, permanecerá cortada a vindeira semana -entre os días 7 e 11 de novembro- dende o inicio da vía ao quilómetro 3. A interrupción da circulación é precisa no marco das actuacións que está levar a cabo a Deputación para determinar o estado do solo e, posteriormente, proceder á reparación da calzada no punto quilométrico 2,350 onde se produciu un derrubo. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias da estrada poidan tomar desvíos alternativos.