Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

Mónica Freire asistiu á entrega de premios da Feira de San Rosendo, co cabalo como gran protagonista do mercado e das exhibicións

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
Mónica Freire
medio rural
FEIRA DE SAN ROSENDO
CABALO PURA RAZA GALEGA

A deputada de Medio Rural Mónica Freire asistiu a Feira de San Rosendo, que se celebrou esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros. A responsábel provincial participou na entrega de premios do tradicional mercado de gando -o domingo-, con presenza de gandeirías da comarca da Mariña e do Occidente asturiano.  A feira, que tamén contou cunha vintena de postos de artesanía,  reforzouse con actividades ligadas ao Cabalo de Pura Raza Galega, como un certame morfolóxico e xogos ecuestres, que espertaron gran interese entre as persoas participantes.

A cita confirmou así o impulso que está a tomar a recuperación desta raza autóctona, na que área de dirixida por Mónica Freire ven traballando activamente en colaboración directa con Puraga e cos concellos e asociacións que se están a implicar na súa promoción, fundamentalmente na comarca da Mariña. Así, nos últimos meses, Medio Rural da Deputación de Lugo colaborou co Mes de Gandeiro do Valadouro, coa Feira do Cabalo Galego de Lourenzá ou As San Lucas de Mondoñedo.

A deputada Mónica Freire destacou a importancia de sumar a Feira de San Rosendo "á estas feiras e certames que reforzan a visibilidade e o prestixio dunha tradición gandeira moi ligada ao monte e  que ofrece grandes posibilidades na conservación dos espazos naturais e na prevención de incendios”