Deputación de Lugo
Formación

A Deputación destaca o compromiso social da UNED na apertura do curso Dereito Penal e Novas Formas de Violencia

UNED
Formación

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou este mércores na apertura do curso sobre Dereito Penal e Novas Formas de Violencia organizado pola UNED de Lugo. González Abelleira felicitou ao centro universitario pola organización da iniciativa, coa que “aborda un tema de tanto calado social como a violencia”, o que demostra o compromiso da Universidade “coa realidade, e coas preocupacións e os debates de actualidade na sociedade”. A Deputada destacou o “compromiso permanente que mantemos dende a Deputación co ensino superior público porque apostar pola formación é facelo polo desenvolvemento, a igualdade de oportunidades e o futuro”. Por iso, remarcou, a lucense é a día de hoxe a institución provincial de España que máis fondos destina á Universidade pública.