Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Rivera Capón participa nos actos organizados por Raiolas polo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Raiolas

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo nas actividades organizadas pola asociación Raiolas con motivo da celebración Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Na xornada, que se celebrou no Museo Provincial de Lugo, inaugurouse a exposición de infinitos elaborados polos usuarios e leuse un manifesto, que este ano centrouse na campaña Chamémolos polo seu nome. A Deputación de Lugo, que apoia a Raiolas cunha achega de máis de 20.000€ e a cesión das instalacións, iluminou de azul a fachada do Pazo de San Marcos para concienciar á cidadanía sobre este trastorno.