O Presidente supervisa a execución de obras na estrada provincial do Alto do Valiño a Valdeporrás, en Portomarín
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-04/040423%20Obras%20Portomar%C3%ADn.jpg)
O proxecto, adxudicado por un importe de 260.000€, contempla actuacións nun treito de catro quilómetros desta vía e tamén na LU-P-4909, que une Toxibó coas Neves, entre o punto quilométrico 2 e o 3,235
A Deputación de Lugo informa de que o Presidente da institución, José Tomé Roca, supervisou este martes a execución das obras na LU-P-4902, que comunica o Alto do Valiño con Valdeporrás por Vilaxuste, en Portomarín.
O proxecto, adxudicado á empresa OVISA Pavimentos e Obras SLU por un importe de 260.000€, contempla a apertura de cunetas, drenaxe e limpeza, saneamento das capas existentes nas zonas con deficiencias, pavimentación e sinalización das vías mediante marcas reflexivas brancas nun treito de catro quilómetros da LU-P-4902, e a renovación da LU-P-4909, de Toxibó coas Neves, no tramo que vai desde o punto quilométrico 2 ao 3,235.