Deputación de Lugo
Turismo

Veciñanza de Quiroga visita a Montaña lucense co programa da Deputación Coñece a túa provincia

Coñece a túa Provincia

A Asociación Sociocultural Boca do Monte, de Quiroga, participou este mércores no programa de viaxes Coñece a túa provincia organizado pola Deputación de Lugo. Os socios da entidade visitaron e coñeceron o Pazo de San Marcos e, posteriormente, achegáronse aos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Esta edición conta con dúas quendas, a primeira arrancou en marzo e continuará ata xuño, e a segunda será no outono.