Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación valora a apertura da sede de Agalure en Lugo

Agalure
ludomanía
Lugo
A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana Gónzalez Abelleira, asistiu este luns á inauguración das instalacións, situadas na Ronda do Carme

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana Gónzalez Abelleira, asistiu este luns á inauguración da sede en Lugo de Agalure (Asociación Galega de Ludómanos en Rehabilitación). “Este centro permitirá unha atención máis próxima e mellor para as persoas que padecen este tipo de trastorno no noso entorno, sen que sexa necesario seguir desprazándose ata A Coruña, como ocorría ata o de agora”, valorou González Abelleira sobre este novo espazo situado na Ronda do Carme. Este desprazamento, “por custo económico e temporal, supoñía que moitos afectados tivesen problemas para acceder á asistencia que precisan”, asegurou González Abelleira, quen lembrou que “un 20% das persoas que reciben axuda de Agalure son lucenses, así que estas instalacións van cubrir unhas necesidades importantes”.

A Deputada e tamén Concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego de Lugo participou neste acto xunto ao presidente de Agalure, Francisco Gil; o presidente da Federación Española de Xogadores de Azar Rehabilitados, Francisco Gutérrez; e o Concelleiro de Deporte e Xuventude do Concello de Lugo, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.