A Deputación colabora coa Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada para organizar un encontro sobre a cultura do viño da Ribeira Sacra en xuño
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-04/110423%20Encontro%20cultura%20do%20Vi%C3%B1o%20da%20Ribeira%20Sacra.jpg)
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este martes nun encontro con representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada (Acimta), coa que a Deputación colabora para organizar no mes de xuño o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra. A institución provincial apoia en concreto unha ruta e unha cata, dúas actividades que se enmarcarán nun amplo programa no que haberá tamén coloquios ou exposicións. Unha iniciativa pensada para todos os públicos, que busca promocionar a riqueza vitivinícola da zona e dinamizar a economía local.