Axenda Institucional
Deputación de Lugo

O Presidente asiste en Lugo aos actos na honra do patrón da Real Irmandade de Verteranos das Forzas Armadas

San Hermenegildo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu este xoves á misa na honra de San Hermenegildo, patrón da Real Irmandade de Veteranos das Forzas Armadas. Un acto relixioso que acolleu a igrexa parroquial de San Francisco Javier, en Lugo, ao que tamén asistiron representantes do Concello de Lugo e da Subdelegación do Goberno. San Hermenegildo é o patrón da Real Irmandade de Veteranos dende o ano 1957.