Deputación de Lugo
Infraestruturas

COMUNICADO RÚA GENERAL PORTOMEÑE - ANTAS DE ULLA

Antas de Ulla

ANTE A DESINFORMACIÓN que se está producindo nos últimos días en torno á situación na que quedou o estacionamento na rúa General Portomeñe de Antas de Ulla tras as obras acometidas pola Deputación de Lugo nesta vía de titularidade provincial, O PRESIDENTE DA INSTITUCIÓN, JOSÉ TOMÉ ROCA, REMITIU ESTE VENRES UNHA CARTA A TODOS OS VECIÑOS E VECIÑAS DESTA RÚA INFORMÁNDOOS DE PRIMEIRA MAN DO SEGUINTE:

    • A Deputación de Lugo destinou un presuposto superior ós 100.000€ para obras que supoñen a mellora das condicións de circulación e de seguridade da rúa General Portomeñe de Antas de Ulla, tanto de condutores, como de peóns, sobre todo de noite ou con néboa, xa que as liñas pintadas axudan á conducción.

    • Unha vez realizados os traballos preparatorios, procedeuse á pavimentación da rúa con aglomerado en quente, á creación de tres pasos de cebra elevados e, finalmente, ó pintado da rúa con marcas viais reflexivas blancas, cumprindo coa normativa vixente.

    • Para maior seguridade e comodidade do tráfico, o pintado da rúa inclúe a delimitación dos dous sentidos da circulación, PODENDO ESTACIONAR A AMBOS LADOS DA RÚA, COMO SE VIÑA FACENDO ATA O DE AGORA

    • Sendo coñecedor de que nos últimos días se están producindo bulos e mentiras a este respecto, o Presidente traslada ós veciños que os condutores que estacionen como viñan facendo habitualmente, NON SERÁN MULTADOS

Carta aos veciños