Cooperación concellos
Deputación de Lugo

A Deputación celebra cos veciños de San Felipe de Valgos, en Cervantes, a V Cata do Viño da Casa

Cervantes

O Deputado de Medio Ambiente, José Luis Raposo, xunto ao Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez, participou este sábado na Cata do Viño da Casa organizada pola Asociación de Veciños de San Felipe de Valgos, no municipio cervantego. “Unha cita que pon en valor un produto que se fai nas casas, que durante moito tempo estivo estigmatizado e que agora é tamén premiado. Por iso citas coma esta son un referente, porque apostan pola tradición e non queren perder a cultura desta zona”, destacou o Deputado. O arqueólogo Xabier Moure foi o encargado de dar o pregón deste encontro, que celebra este ano o seu quinto aniversario.