A Deputación participa na Festa da Troita da Pontenova, de Interese Turístico Galego
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2023-05/WhatsApp%20Image%202023-05-01%20at%2020.47.09.jpeg)
O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao Alcalde da Pontenova, Darío Campos, e outros membros da Corporación municipal, asistiu este luns aos actos da 43º edición da Festa da Troita, que se celebra como é tradición cada 1 de maio. Esta clásica cita, declarada de Interese Turístico Galego, reuniu en torno ao río Eo a centos de amantes e afeccionados da pesca de toda Galicia, Asturias e outras comunidades.
Fernández Rico sinalou que a Festa da Troita da Pontenova “é un encontro que, con máis de 40 anos de tradición, supón un importante revulsivo económico para a contorna da Mariña e toda a provincia”. A localidade ten, durante esta ponte festiva, unha ocupación hoteleira do 100%. Ademais dos concursos de pesca, nas modalidades de lance, salmón e mosca, a oferta de actividades inclúe a Ruta de Sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, que discorre pola antiga vía do tren que vai dende A Pontenova e Ribadeo.