Formación
Turismo

O Presidente da Deputación participa na visita do Rei Filipe VI a Lugo con motivo do Tour do Talento

TOUR TALENTO
concello de lugo
FUDACION PRINCESA DE GIRONA
José Tomé Roca acompañou ao Xefe do Estado no acto central do Tour do Talento na capital lucense, no que se proclamou o gañador do Premio Fundación Princesa de Girona 2023 na categoría de Investigación Científica

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este venres na visita institucional que realizou o Rei Filipe VI a Lugo, a primeira á capital lucense que realizou como monarca, con motivo do Tour do Talento, unha iniciativa impulsada pola Fundación Princesa de Girona en colaboración co Concello de Lugo. Esta é a segunda visita do monarca á provincia, pois o pasado ano estivo en Sarria.

José Tomé Roca acompañou ao Xefe do Estado no acto central do Tour do Talento na capital lucense, no que se proclamou o gañador do Premio Fundación Princesa de Girona 2023 na categoría de Investigación Científica. Este evento incluíu durante toda esta semana 50 actividades en Lugo para impulsar e poñer en contacto o talento da mocidade da provincia. Durante a visita, percorreron a Feira do Talento, na que puideron ver algúns dos vehículos e pezas deseñados e construídos polo estudantado do Centro Integral de Formación Profesional As Mercedes.

No acto estiveron presentes a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a Ministra de Xustiza, Pilar Llop, o delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, e o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, así como outras autoridades institucionais e representantes da Fundación Princesa de Girona.

Tour do Talento

A Deputación de Lugo participou o martes na primeira xornada do Tour do Talento. Foi o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o encargado de expoñer o programa Reiníciate, que impulsa a institución provincial en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, para favorecer a transformación dixital das pemes e autónomos da provincia, e para fomentar a empregabilidade dos mozos e mozas, e dos parados de longa duración.