Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación de Lugo inicia a terceira tempada das rutas gratuítas polo románico da provincia

Día da Transrománica
VISITAS
Antas de Ulla
A igrexa de San Xoán foi punto de partida da visita realizada hoxe polo concello de Antas de Ulla, nunha xornada na que a institución tamén ofreceu percorridos polo patrimonio deste estilo arquitectónico en Palas de Rei e Monterroso, Taboada e Foz

A Deputación de Lugo arranca este sábado a terceira tempada das rutas gratuítas polo románico da provincia, por terceiro ano consecutivo, con motivo da conmemoración do Día da Transrománica. A igrexa de San Xoán en Antas de Ulla foi a primeira parada da visita realizada por terras ulloás. Ao longo da xornada a programación desenvolverá rutas polos concellos de Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Foz. 

A Deputación de Lugo promove estas rutas, que continuarán ata o 14 de maio, co obxectivo de dar a coñecer e poñer en valor o románico da provincia dende que ingresou no ano 2020 na Ruta da Transrománica, recoñecida oficialmente co selo de Itinerario Cultural do Consello de Europa, o que situou ao románico lucense no nivel máis alto de recoñecemento europeo. A provincia de Lugo é o terceiro lugar de toda España que forma parte desta entidade, despois de Castela e León, co mosteiro de Santo Domingo de Silos, e a cidade de Zamora.