Deputación de Lugo
Infraestruturas

AVISO: CORTADAS AO TRÁFICO DÚAS ESTRADAS PROVINCIAS, EN TRABADA E PEDRAFITA DO CEBREIRO, POR OBRAS DE MELLORA

estradas provinciais
obras de mellora
Imaxe deputación de lugo

A Deputación de Lugo informa de que durante a vindeira semana, dende o luns 8 ata o venres 12 de maio, a estrada LU-P-6101, entre A Ría de Abres e Sante, no concello de Trabada, permanecerá cortada ao tráfico para realizar os traballos de mellora da vía entre os quilómetros 3,554 e 7,554 co estendido de aglomerado en quente. A institución provincial inviste preto de 180.000€ nesta actuación, adxudicada á empresa Francisco Gómez y Cia, SL.

 

Nas mesmas datas, do 8 ao 12 de maio, quedará tamén cortada ao tráfico a estrada LU-P-1301, que comunica Seoane do Courel con Hospital, así como os ramais A Piñeira e Lousada, entre o treito quilométrico 8,600 e 11,880, para acometer os labores de acondicionamento con aglomerado en quente no firme. A Deputación destina 250.000€ á execución destes traballos, dos que se encarga a empresa VAZPER 3 SL.