Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación apoia á Asociación Española contra o Cancro de Lugo na súa campaña informativa e de colecta

AECC

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este xoves na mesa informativa e de colecta instalada na Praza de San Marcos pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Lugo. Persoal da institución provincial foi o encargado de atender esta mesa no marco dunha campaña da AECC dirixida a sensibilizar e a recadar fondos para apoiar aos doentes e ás súas familias, e a investigación desta enfermidade. A Deputación colabora coa AECC de Lugo cunha achega anual de preto de 8.000€ para o apoio á atención psicosocial aos doentes.