Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

Cuarto aniversario da residencia do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Pol

Usuarios, usuarias e persoal do Centro de Atención a Maiores (CAM) de Pol celebran esta semana o cuarto aniversario da residencia. Entre as actividades organizadas, os residentes fixeron un bingo musical, talleres culinarios, unha cata sorpresa e unha formación de macetas coas familias. Este venres gozarán da música e do baile coas Mulleres Rurais cunha saída á carballeira. Tamén esta fin de semana o CAM Manuel Villasol de Pedrafita do Cebreiro celebra o segundo aniversario.