Axenda Institucional
Deputación de Lugo

José Tomé Roca recibe no Pazo de San Marcos ao Cónsul Honorario de Perú en Galicia

Perú
presidente
O Presidente da Deputación en funcións mantivo un encontro co representante peruano na comunidade autónoma, Marco Antonio Gonzáles Menéndez, que asinou no Libro de Ouro da institución

O Presidente da Deputación de Lugo en funcións, José Tomé Roca, ofreceu este venres no Pazo de San Marcos unha recepción institucional ao Cónsul Honorario de Perú en Galicia, Marco Antonio Gonzáles Menéndez, un encontro no que puxo en valor os lazos, a cordialidade e a proximidade que a provincia sente cara o conxunto dos países iberoamericanos.


Durante a visita, Tomé Roca entregou ao Cónsul en Galicia un exemplar do libro Proxectos para o Hospital de Isabel II, o Instituto de 2ª Ensinanza e a Deputación Provincial de Lugo, en recordo pola súa primeira visita ao edificio provincial. O representante peruano tamén asinou no Libro de Ouro da institución.