Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación inicia o aglomerado da estrada provincial de Monforte a Reboredo

rede viaria provincial
Os traballos da institución provincial, que contan cun orzamento de 315.000€, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 0,535 ao 3,175

A Deputación de Lugo iniciou este mércores as tarefas para o estendido de aglomerado en quente na LU-P-3205, que conecta Monforte coa estrada de Sober polo polígono industrial do Reboredo. Os traballos da institución provincial, que contan cun orzamento de 315.000€, afectan ao tramo que vai do punto quilométrico 0,535 ao 3,175.

As obras acometidas consistiron na limpeza de laterais e na adecuación de cruces coincidindo coa contorna do polígono industrial monfortino. Unha vez remate a pavimentación con aglomerado que arrancou hoxe, levarase a cabo a sinalización horizontal e vertical, co que finalizarán as actuacións de mellora desta estrada.