Deputación de Lugo
Formación

A Deputación participa no acto de graduación do alumnado da UNED Sénior de Lugo

graduación
UNED
Lugo

O Deputado en funcións de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no acto de graduación dos alumnos e alumnas da promoción 2022-2023 da UNED Sénior de Lugo. Un acto emotivo, celebrado no Salón de Actos do centro universitario, e no que uns 30 estudantes, na súa maioría mulleres, recibiron os diplomas acreditativos da súa etapa formativa superior. 

No acto tamén participou a directora do Centro Asociado da UNED en Lugo, Ana Traseira, e  a Alcaldesa de Lugo e Vicepresenta da Xunta Reitora, Lara Méndez.

Rivera Capón deu os parabéns aos novos graduados e destacou a importancia de seguir cultivando a curiosidade a calquera idade porque, “estudar axuda, entre outras cousas, a favorecer a memoria, manternos activos, relacionarnos cos outros e desenvolver estratexias de autonomía persoal. Noutras palabras, estudar mellora a nosa calidade de vida”. Ademais, sinalou a intensa colaboración que mantén a Deputación coa UNED, “porque estamos comprometidos coa formación superior e porque a UNED aposta polos proxectos como este, nos que dá a posibilidade de estudar ás persoas maiores de 55 anos independentemente da formación académica que posúan”.