Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Máis dun cento de rapazas e rapaces de distintos puntos do Estado participan no Campus Álex Llorca, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
EFRÉN CASTRO
Deportes
DANIEL GARCÍA
Campus Álex Llorca

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e o deputado Daniel García achegáronse a saudar ás rapazas e rapaces que durante esta semana están participando no Campus Álex Llorca, organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón no Pazo dos Deportes en Lugo.

Son 123 participantes entre os 10 e os 17 anos, máis da metade de fóra da cidade ou de Galiza, entre eles rapazas e rapaces de Madrid, Canarias ou Cataluña.

Trátase da oitava edición consecutiva do campus do ex-xogador breoganista, que conta na dirección técnica con Mateo Rubio (CB Cornellá) e outras doce persoas como parte do equipo técnico e que rematará o domingo, despois dunha semana de actividade.

O Campus é unha oportunidade para que as rapazas e rapaces de fóra coñezan Lugo, xa que na axenda, ademais de sesións de preparación técnicas, teñen actividades de ocio e de visita á cidade.