Deputación de Lugo
Formación

A Deputación felicita á nova promoción de Veterinaria

Formación

​O Deputado provincial Miguel Fernández acompañou este sábado aos alumnos e alumnas de Veterinaria do Campus de Lugo que finalizan este ano o Grao durante o seu acto de graduación, celebrado no auditorio Enrique González da Facultade. Fernández Méndez felicitou ao estudantado polo seu "esforzo e dedicación para chegar ata aquí", cando conclúe "unha etapa de crecemento intelectual, pero tamén persoal e emocional", que marcou "as súas vidas". O Deputado recordou que a institución provincial "é unha firme aliada do Campus", pois impulsou a súa creación e ofrece dende entón un apoio continuado para manter e mellorar ano tras ano a formación e a súa actividade. De feito, é a Deputación de España que máis inviste no ensino público superior.