Deputación de Lugo

O Presidente asina a venda dunha nova parcela no polígono industrial de Chantada

Polígono industrial
Chantada
parcela

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este venres pola mañá no Pazo de San Marcos o contrato de compravenda dunha nova parcela do polígono industrial dos Acibros, en Chantada, xestionado pola institución provincial. Con este xa son 35 os terreos vendidos neste complexo empresarial que conta cun total de 49 parcelas; outras 2 están en proceso de formalización da venta e outras 7 reservadas, polo quedarían 5 espazos dispoñibles cunha superficie media de 1.100 metros cadrados.