Deputación de Lugo
Economía
Emprego

O Presidente asiste á Feira da Cantería, Callos e Artesanía, coa que colabora a Deputación de Lugo

Guitiriz
PARGA

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz xunto á Alcaldesa e Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, que acolleu o núcleo de Parga.

Tomé Roca asistiu ao pregón que oficiou Ramón Villar, o canteiro de Pardiñas, e formou parte do xurado do certame de cantería. Puxo en valor esta cita, coa que colabora a Deputación e que conxuga música, artesanía e gastronomía. “Difunde e pon en valor o mellor da nosa provincia e encaixa perfectamente coa aposta que temos na Deputación de Lugo por incentivar o turismo de calidade, sostible e de experiencias”, subliñou.