Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo asiste á toma de posesión do seu homólogo na Coruña

toma de posesión
Corporación Provincial
A CORUÑA

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asistiu na mañá deste martes ao Pleno Extraordinario de Constitución da nova Corporación Provincial da Deputación da Coruña, no que saíu novamente elexido Presidente da institución o Alcalde das Pontes, Valentín González Formoso. 

Tomé Roca felicitou ao seu homólogo coruñés, quen tomou posesión por terceiro mandato consecutivo nun acto solemne celebrado no Salón de Plenos do Pazo provincial, ao que tamén asistiu a Alcadesa da Coruña, Inés Rey, o Delegado do Goberno de España en Galicia, Pedro Blanco, e o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outras autoridades.

O Presidente lucense amosouse satisfeito de que a Deputación da Coruña siga en mans "dun goberno progresista” porque isto significará, apuntou, “que A Coruña seguirá avanzando catro anos máis na defensa dos intereses de todos os veciños e veciñas desta provincia". José Tomé desexoulle "éxitos" a González Formoso, ratificando a súa vontade de "manter unha relación fluída, de sintonía e de colaboración para favorecer o progreso, a modernización e o crecemento económico e social" de ambas provincias.