Deputación de Lugo
Formación

A Deputación colabora co ciclo de conferencias de Agrorobótica que se desenvolve no Campus Terra

FORMACION
USC
sector primario

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, deu este mércores a benvida aos participantes no ciclo de conferencias de Agrorobótica que organiza a Universidade de Santiago de Compostela (USC) no Campus Terra durante toda a xornada de hoxe. Unha iniciativa coa que colabora a Deputación de Lugo e que, segundo apuntou o Deputado, “serve para visibilizar a calidade do noso sector primario e potenciar a actividade dun dos grandes motores económicos para a provincia de Lugo a través da tecnoloxía”. Nesta cita, o alumnado do Campus Terra ten a oportunidade de escoitar as experiencias de empresas punteiras no sector, como Internaco, Husqvarna, AG Group ou Naio Technologies, así como unha demostración de campo de robots agrícolas.