Deputación de Lugo
Infraestruturas

Aberta ao tráfico a ponte de Uriz, en Begonte, tras os traballos de conservación que fixo a Deputación

Begonte
Ponte de Uriz
Vías e Obras

A Deputación de Lugo vén de rematar este xoves os traballos de conservación e mellora da ponte de Uriz, en Begonte, situada na estrada provincial LU-P-5101.Unhas actuacións que finalizan antes do previsto e que permiten restablecer o tráfico por este treito de novo dende este mesmo mediodía. O proxecto, que ascendeu a 44.000€, incluíu a reconstrución de varios elementos que estaban danados, como os tallantes, que protexen as pilas da ponte fronte á velocidade da auga ou dos elementos que esta arrastra.