Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación destaca o valor da Caravana Cultural das Mulleres Rurais que arranca hoxe en Navia de Suarna para avanzar no empoderamento feminino e a igualdade

FADEMUR
Navia de Suarna
Muller rural
MULLER E IGUALDADE
O Deputado de Promoción Económica e Social felicitou a FADEMUR por esta iniciativa de ámbito estatal que se estrea esta fin de semana na provincia e continuará en Estremadura co obxectivo de reivindicar os saberes, oficios e cultura tradicionais, e o papel fundamental da muller para mantelos vivos

“O apoio ao rural vertebra todas as políticas públicas que levamos adiante na Deputación e que implementamos ademais con perspectiva de xénero, polo tiñamos que estar presentes neste proxecto, con FADEMUR, e dándolle continuidade á relación tan fluída e produtiva que mantemos dende xa hai moito tempo con novas propostas tan innovadoras coma esta”, subliñou Pablo Rivera

O programa ofrece entre hoxe e mañá talleres de musicoteraipa e de saberes tradicionais vinculados co fiado de liño, lá, coiro, tecido, bolillos, a transmisión oral e o rol das pandereteiras, así como unha feira de emprendedoras e concertos musicais

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este sábado en Navia de Suarna na inauguración da Caravana Cultural das Mulleres Rurais, unha iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (FADEMUR) en colaboración co Instituto da Muller, dependente do Ministerio de Igualdade. Un encontro sobre o que Rivera Capón destacou o valor para “avanzar no empoderamento feminino e na igualdade, que son claves para a propia supervivencia e o futuro do rural”. 

Ao acto de apertura tamén asistiu o Alcalde da localidade, José Fernández; a presidenta de FADEMUR, Teresa López López; e a máxima representante de FADEMUR Galicia, Verónica Marcos, así como representantes da entidade e outras institucións.

Rivera Capón felicitou a FADEMUR por esta iniciativa de ámbito estatal que se estrea esta fin de semana na provincia e continuará en Estremadura co obxectivo de reivindicar os saberes, oficios e cultura tradicionais, e o papel fundamental da muller para mantelos vivos.

O programa ofrece entre hoxe e mañá talleres de musicoteraipa e de saberes tradicionais vinculados co fiado de liño, lá, coiro, tecido, bolillos, a transmisión oral e o rol das pandereteiras, así como unha feira de emprendedoras e concertos musicais.

“Estou convencido de que este encontro que arranca hoxe en Navia de Suarna terá un longo percorrido, pola calidade da propia idea e do programa co que FADEMUR a desenvolveu”, asegurou o Deputado, quen destacou así mesmo o labor e compromiso do Alcalde de Navia para sacar adiante esta iniciativa “tan interesante para a comarca para este concello, para a comarca da Montaña e para o conxunto da provincia de Lugo”.

Así mesmo, Pablo Rivera subliñou a implicación da Deputación, pois tendo en conta que o apoio ao rural vertebra todas as políticas públicas que levamos adiante, e que implementamos ademais con perspectiva de xénero, tiñamos que estar presentes neste proxecto, con FADEMUR, e dándolle continuidade á relación tan fluída e produtiva que mantemos dende xa hai moito tempo con novas propostas tan innovadoras coma esta”.

Apoio a FADEMUR
A Deputación de Lugo mantén unha constante colaboración con FADEMUR pola defensa dos dereitos das mulleres no rural. Así, a institución provincial achega 50.000€ no marco do proxecto Empoderamento da Muller no Rural. Este acordo permite formar en distintos ámbitos a un gran número de mulleres lucenses que viven e traballan no rural. Tamén se apoia a esta entidade coa difusión das iniciativas postas en marcha a través do Servizo de Audiovisuais provincial.