Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase á conmemoración do Día Mundial do Alzheimer

afalu

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron este xoves, coincidindo co Día Mundial do Alzheimer, a mesa informativa e de sensibilización que a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) ten instalada hoxe na Praza de San Marcos. A Deputación de Lugo apoia a esta entidade e outras da provincia  dedicadas á atención dos doentes e as súas familias con achegas que suman 56.000€. “O seu gran labor favorece unha maior calidade de vida ás persoas que sofren ou viven de preto esta doenza e dende a institución provincial debemos axudar a concienciar e traballar ao carón das entidades”, asegurou Rivera Capón. Ademais, a Deputación iluminará o Pazo de San Marcos de cor verde con motivo desta efeméride.