Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación remata hoxe coa pavimentación do firme as obras de mellora da ponte de Rigueira

Rede provincial de estradas
A Pastoriza
Muimenta
A institución provincial acomete este mércores os últimos traballos nesta insfraestrutura situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada pro-vincial LU-P-4401, que vai da Pastoriza a Muimenta por Reigosa

A Deputación de Lugo remata este mércores as obras de conservación e mellora da ponte de Rigueira, situada á altura do punto quilométrico 4,520 da estrada provincial LU-P-4401, que é a que vai da Pastoriza a Muimenta pasando por Reigosa. Estes últimos traba-llos, que consisten na pavimentación do firme con aglomerado en quente, quedarán fina-lizados no día de hoxe permitindo recuperar neste treito a normalidade en ambos carrís de circulación cos que conta a vía.  

A institución provincial investiu 30.000€ nesta actuación para reafirmar a estrutura desta ponte debido as deficiencias existentes en varios dos seus elementos construtivos debi-do ao paso do tempo. En concreto, actuouse na reparación con recubrimiento de alta re-sistencia nunha grieta no pilar da zona central e construíuse un muro para a súa defensa. Así mesmo, os traballos realizáronse con extremada precaución e adoptando en todo momento as medidas precisas nas marxes do río para provocar o menor impacto e evitar a contaminación das súas augas.  

Outros investimentos nesta vía
A rehabilitación da ponte de Rigueira súmase a outros importantes investimentos acome-tidos pola Deputación nesta mesma vía. É o caso da actuación acometida no tramo da Avenida Principal, ao seu paso polo núcleo urbano da Pastoriza, no que a institución pro-vincial investiu 350.000€ para a dotación de novas beirarrúas, rehabilitación do firme, nova sinalización e melloras no alumeado. Tamén destinou preto de 300.000€ á rexene-ración do aglomerado por tramos e na reposición da pintura nos preto de 11 quilómetros desta estrada, mellorando a súa seguridade e comodidade de xeito integral.