Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación impulsa unha nova edición de A Mariña en ruta para a promoción turística da comarca

turismo
mancomunidade da mariña
rutas


O Deputado de Recursos Sostibles, Alcalde de Foz e Presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Francisco Cajoto Caserío, presentou este mércores no CENIMA da vila focense unha nova edición de A Mariña en ruta, un programa de visitas guiadas polos concellos que forman parte do xeodestino e co que colabora a Deputación. Nesta ocasión, a artesanía da comarca terá un papel destacado. As actividades arrancarán o vindeiro 7 de outubro cunha ruta polo Vicedo vinculada coa natureza e o río Sor. 

Cajoto puxo en valor a colaboración da institución provincial, que achega 25.000€ á Mancomunidade de Municipios da Mariña para desenvolver diferentes actividades relacionadas coa promoción turística.

No acto de presentación deste programa participaron tamén a xefa territorial de Turismo da Xunta, Paloma Vázquez, e a axente de desenvolvemento turístico da Mancomunidade, Tania Hermida.

As visitas terán un prezo de 5 euros e a reserva de prazas pode realizarse a través da web de turismo da Mariña Lucense: https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta