Cultura
Deputación de Lugo

Un documental analiza a dimensión histórica do proxecto de ensino en galego Semente

VICEPRESIDENCIA DEPUTACION LUGO
cultura
IRIA CASTRO
SEMENTE
ENSINO EN GALEGO

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este xoves a proxección do documental “Aprender na lingua própia – Das Escolas de Ensino Galego á Semente” no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, organizada por Semente Lugo.

A peza audiovisual aborda a dimensión histórica do proxecto educativo Semente, como  continuidade das Escolas de Ensino Galego creadas a comezos do século XX polo grupo fundador das Irmandades da Fala, e a súa metodoloxía de traballo e funcionamento.

A proxección completouse cunha mesa redonda que afondou no modelo linguistico e pedagóxico de Semente.