Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación colabora con FADAS, que celebra este venres a Feira de Asociacións de Ámbito Social en Lugo

Fadas
Lugo

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres na inauguración da sexta edición da Feira de Asociacións de Ámbito Social de Lugo, que estará aberta ao público na xornada de hoxe na Praza Maior da cidade. A Deputación de Lugo colabora con FADAS (Federación de Asociacións do Ámbito Social de Lugo), organizadora do evento, cunha achega de 10.000€ para o funcionamento do colectivo lucense.

O obxectivo deste evento, que este ano cadra co San Froilán, é darlle visibilidade aos colectivos que compoñen FADAS, que traballan en torno á defensa da muller, a familia, a infancia, a saúde, o emprego, a inmigración, o comercio xusto, a cooperación ao desenvolvemento, o deporte, o voluntariado, a sensibilización e o medio ambiente.

A institución provincial mantén unha estreita relación coas entidades sociais da provincia e colabora activamente con elas para a posta en marcha de iniciativas e actividades que permitan unha mellor calidade de vida dos usuarios e usuarias e das súas familias.