Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

A gandeiría de razas autóctonas foi protagonista do San Froilán esta fin de semana en ExpoLugo A Rural, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
EXPOLUGO A RURAL
RAZAS AUTÓCTONAS
DANIEL GARCÍA
O deputado de Medio Rural agradeceu a colaboración das asociacións gandeiras e convidou a achegarse ao Pazo de Feiras de Lugo durante a fin de semana

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu durante a fin de semana a mostra gandeira ExpoLugo A Rural, que reuniu uns 200 animais de 22 razas - autóctonas e foráneas- e que contou con stands de Ovica, Puraga, Asoporcel,  Acruga e Boaga, na que se integran as razas bovinas limiá, vianesa, caldelá, cachena e frieiresa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega.

Na visita á mostra, o deputado Daniel García sinalou que co apoio á organización  “pretendemos poñer en valor o traballo das gandeiras e gandeiros das distintas comarcas. A gandería é o motor do tecido produtivo primario de Lugo e o piar no que se asenta o desenvolvemento económico e social da meirande parte dos concellos da provincia, cun marcado carácter rural”.

O deputado trasladou o seu agradecemento “a todas as gandeirías que achegaron algún animal á feria exposición e a excepcional disposición das asociacións agrogandeiras e do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas e do Colexio de Veterinarios que colaborar na organizacion da mostra dentro do comité técnico de asesoramento e seguimento de Expolugo, que se puxo en marcha nos dous últimos anos para coordinar as accións a desenvolver”. “

“Dende a área Rural da Vicepresidencia de Lugo cremos que son imprescindibles estes espazos para reivindicar e poñer en valor esa realidade, para toda a cidadanía, especialmente para as xeracións máis novas. É moi importante esa apelación aos máis pequenos e pequenas da casa, aos nosos pícaros, porque son o noso futuro, para manter ese orgullo do rural, tan característico da nosa identidade”, expuxo do responsábel provincial.

A mostra contou cun amplo programa de actividades formativas e lúdicas, como o curso de formación en benestar animal para conductores de transporte de animais vivos  que se desenvolve desde o venres,  a exposición fotográfica: "Crónica da pegada do Porco Celta en Galicia, testemuño en imaxes da historia recente da única raza porcina autóctona galega" organizada por Asoporcel, exhibicións de cans para pastoreo e manexo de gando organizado da man de Acapagal e Ovica, bautismos hípico da man de Puraga ou o curso de xuíces de Acruga.