Medio Rural e do Mar, Mocidade
Cultura
Deputación de Lugo

O Valadouro celebra unha nova edición da Feira do Mel, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
feira do mel
O Valadouro
medio rural
DANIEL GARCÍA

O Valadouro celebra do 11  ao 15 de outubro unha nova edición da Feira do Mel, que contará un ano máis coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

A tenencia da alcaldía do Valadouro preparou unha ampla axenda para enxalzar o produto estrela do val do Ouro, referencia na produción de mel en Galiza. A feira, con postos de produtoras e produtores do concello e da comarca, será o sábado pero desde este mércores desenvolveranse diferentes actividades formativas e lúdicas ao redor da cultura do mel.

O tenente alcalde do Valadouro Eduardo Chao e o deputado de Medio Rural Daniel García valoraron “a importancia da feira do mel para poñer en valor o produto e dinamizar o concello” e destacaron  “a calidade do mel do Valadouro, con producións premiadas en prestixiosos certames que son embaixadoras do concello”. Remarcaron tamén “a relevancia da actividade vinculada ao mel no Valadouro, como actividade produtiva  e  de conservación do territorio e da paisaxe”.

Mércores, 11 de outubro  
10.00 horas. Obradoiro de Extracción de Mel para nenos de 3 a 12 anos, pero aberto a todo o público, na Casa da Cultura do Concello de Valadouro a cargo da Delegación da Asociación Galega Apícola de Mondoñedo.

Venres, 13 de outubro
18.00 horas. Abellas!, espectáculo de narración oral con Avelino González, dentro do programa Ler Conta Moito coordinado pola Biblioteca Municipal do Valadouro, na Casa da Cultura do Valadouro.

20:00 horas. Conferencia sobre a Varroa e outras enfermidades das abellas impartida pola Veterinaria da Casa do Mel de Goente do Concello das Pontes.

Sábado, 14 de outubro
10.00 horas. Apertura da Feira do Mel e produtos de outono na Praza de Santa María e nas rúas de Ferreira.

11:00 horas. Obradoiro de Velas a cargo de Devalo, especialmente dirixido a nenos e nenas, con prazas limitadas para un correcto funcionamento e aproveitamento do obradoiro.

12.00 horas. Pasarrúas co grupo Carricantos.

13.00 horas. Degustación de cócteles a cargo dun alumno da Escola de Hostalaría de Foz.

18.00 horas. Obradoiro para adultos e nenos/as sobre trampas de velutinas dirixido por José María Vázquez, xerente da empresa SERPA.

20.00 horas. Actuación de Jinetes del Trópico.

Domingo, 15 de outubro

9.30 horas. Xornada Micolóxica: Saída da Praza de Santa María de Ferreira nun bus gratuíto para unha actividade de recoñecemento e recollida de exemplares de cogomelos asesorados por Jesús Blanco, experto micólogo e membro da Asociación Os Bolouros.

13.30 Sesión vermú con Brétema Band

14.30 Degustación dunha Paella Xigante  a base de cogomelos.