Cultura
Deputación de Lugo

Efrén Castro e Iria Castro asistiron á entrega do Premio Facer País, que recoñeceu a Sés

PREMIO FACER PAÍS
cultura
EFRÉN CASTRO
IRIA CASTRO

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro e a deputada de Cultura Iria Castro asistiron á entrega do Premio “Facer País” á cantora María Xosé Silvar "Sés" na antiga casa consistorial de Carracedo, en Láncara.

Sés recibiu o galardón outorgado pola Asociación Cultural Val de Láncara das mans de Luz Fandiño, a penúltima premiada, nun acto no que Xurxo Souto actuou como mestre de cerimonias.

Efrén Castro e Iria Castro felicitaron a Sés e remarcaron "o carácter popular do acto, coa presenza da veciñanza e dos colectivos culturais da comarca de Sarria". Subliñaron tamén a traxectoria do premio "que rebasou as fronteiras do concello e da comarca para converterse nun certame galego", valorando "a dedicación e o compromiso co que se puxo en marcha en 2002 por parte da Asociación Cultural Val de Láncara co apoio dos colectivos culturais da contorna".

Facer País 2

O Premio Facer País, cuxo xurado está formado por unha vintena de asociacións  dos concellos de Láncara, Sarria, O Corgo, A Fonsagrada, Baralla e Cervantes, recoñece a "postura clara de defensa da lingua e cultura galega" de Sés, "dende unha visión nova, rompedora, actual e feminista".

Desde a súa creación en 2002, recibiron o galardón lsaac Díaz Pardo, Luis Tosar, o grupo Milladoiro, Xosé Manuel Beiras Torrado, Xosé Neira Vilas, o diario A Nosa Terra, Avelino Pousa Antelo, Luz Pozo Garza, a Real Academia Galega, Mini e Mero, Agustín Fernández Paz, a Mesa pola Normalización Lingüística, Marica Campo, Basilio Losada Castro Margarita Ledo Andión, a Asociación Cultural Xermolos, a familia Seivane, Xurxo Souto, Luar na Lubre e Luz Fandiño.

Facer País