Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación participa no encontro anual de confraternidade da Asociación Provincial de Apicultores

asociación provincial de apicultores
apicultura
apla

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández, participou este domingo no encontro anual de confraternidade que organizou a Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA). A cita, que se desenvolveu no restaurante do Mazo de Santa Comba, ten como obxectivo crear comunidade entre os produtores de mel, promover a colaboración a través do intercambio de técnicas e procedementos, e desenvolver relacións profesionais de cara a fortalecer o sector. Miguel Fernández destacou a importancia deste colectivo e o labor que leva a cabo na provincia de Lugo, prestando asesoramento e formación aos seus socios en ámbitos tan diferentes como a sanidade, as novas técnicas ou a divulgación.