O Programa de Reforzo do Emprego 2024 xa está en marcha. Integrado dentro do Plan Deputación de Cooperación cos Concellos é o plan de emprego da Deputación nos Concellos da provincia.
Esta última edición conta con máis de 3,6 millóns de euros cos que o Executivo da Deputación decidiu asumir todos os custos derivados dos contratos celebrados por circunstancias da produción ou substitución da persoa traballadora dende a data da firma dos mesmos e nomeamentos por programas de carácter temporal ou acumulación de tarefas en aplicación do artigo 10.1.c) e 10.1.d) do Estatuto Básico do Empregado Público.
Sendo o limite temporal do custo financiable o 31 de outubro de 2025.
Para dar cumprimento ao Reforzo do Emprego, lembráselles aos Concellos que deberán:
- Entregar unha copia das bases e da convocatoria do proceso unha vez aprobadas polo órgano competente, e antes de calquera publicación (web, BOP,..), para dar publicidade na páxina web institucional.
- Facilitar as persoas contratadas roupa de traballo, sempre que así o esixa o posto, e nela deberá figurar que o gasto de contratación do traballador é financiado pola Deputación mediante a impresión na mesma dos logos. DESCARGA AQUÍ OS LOGOS (exemplo do uniforme).
- Deberán dilixenciar os xustificantes de gastos (nóminas) co texto “Financiado pola Deputación Provincial de Lugo”
- Entregar para a xustificación da achega: memoria de actuacións realizadas, Anexo XI, certificado do secretario/a (Anexo VIII, especificando o ámbito xurídico e a tipoloxía de contrato) e documento emitido pola entidade bancaria (data límite de entrega da conta xustificativa 15.11.2025)
- No caso de que o Concello optara por iniciar con carácter retroactivo as contratacións ou nomeamentos, a 01.01.24, deberán enviar un detalle descritivo actualizado da situación a efectos de que o órgano xestor poida dar publicidade das actuacións pendentes.
DIRECTRICES
LISTAXE DOS POSTOS FINANCIADOS
CONTACTO
Enderezo electrónico: plandiputacion-emprego@deputacionlugo.org