Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia a AFALU para exercitar a estimulación cognitiva dos enfermos de Alzheimer

afalu
ALZHÉIMER

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitou a mesa informativa e de sensibilización que a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) instalou este mércores na Praza de San Marcos co fin de concienciar sobre esta enfermidade e outro tipo de demencia, que afectan na provincia ao 12% das persoas maiores de 65 anos, e en Galicia, a 70.500 casos. A Deputación colabora con AFALU cunha achega económica de 20.000 euros ao ano para exercitar a estimulación cognitiva de enfermos de Alzheimer e outras doenzas, e apoiar aos seus familiares.