CONVOCATORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA, PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS SEN ÁNIMO DE LUCRO DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTUACIÓNS DE POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL E PAISAXÍSTICO DESTES TERRITORIOS NA ANUALIDADE 2024
A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 16 de febreiro de 2024, acordou a aprobación das bases da convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións destinadas a entidades asociativas sen ánimo de lucro das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses para o desenvolvemento de actuacións de posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico destes territorios na anualidade 2024.
Estas entidades ou asociacións sen ánimo de lucro deben estar legalmente constituídas, inscritas no rexistro publico correspondente na data de publicación desta convocatoria, con sede/delegación social ou cuxo ámbito territorial de actuación estea incluído nas Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá (en adiante, Os Ancares Lucenses), e cuxo obxecto social estea relacionado con algunha das liñas de acción dos planes das ditas Reservas.
GASTOS SUBVENCIONABLES
Terán a consideración de gastos subvencionables, aqueles considerados como gastos correntes (non se considerarán subvencionables os gastos de inversión) que contribúan ao cumprimento dalgunha das Liñas de Acción dos Plans de Acción das Reservas da Biosfera Terras do Miño ou Os Ancares Lucenses, sempre que se enmarquen nunha das actividades recollidas na base 1 da convocatoria.
Cando menos, o 5% do custo total da actuación subvencionada deberá ser financiado con recursos propios da entidade beneficiaria.
EXECUCIÓN DAS ACTUACIÓNS
En canto á execución das actividades subvencionadas, segundo as bases da convocatoria, os beneficiarios da subvención incluirán xunto coa frase "ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR", a imaxe corporativa da Deputación de Lugo, e particularmente, do Programa MaB da UNESCO e da Reserva da Biosfera Terras do Miño ou Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses, segundo o caso.
Por último, o prazo de execución da actividade subvencionada abarca do 1 de xaneiro de 2024 ata o 31 de decembro do 2024.
RESOLUCIÓN DEFINITIVA (enlace ao BOP nº204 do 03.09.2024)
Ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015 (LPACAP), o acordo de resolución definitiva do procedemento non será obxecto de notificación individualizada, senón que será obxecto de notificación por medio de publicación no BOP.
Así mesmo o acordo de resolución definitiva tamén será obxecto de publicación na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal.
O acordo de resolución definitiva de concesión ou denegación das subvencións ás entidades beneficiarias pon fin á vía administrativa polo que contra o mesmo cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a Xunta de Goberno, no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da publicación do referido acordo no BOP, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da Xurisdición Contencioso- Administrativa. Se optase por interpoñer recurso de reposición potestativo non poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo. Todo isto sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime procedente.
PRESENTACIÓN DA XUSTIFICACIÓN
Unha vez finalizada a acción ou comportamento e no prazo establecido, as entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o cumprimento da finalidade da acción ou comportamento subvencionado.
A rendición da conta xustificativa constitúe un acto obrigatorio do beneficiario/a, e a súa presentación realizarase no prazo de tres meses a contar a partir da execución da actividade e, en calquera caso, rematará o 31 de marzo de 2025.
De acordo co previsto nas bases da convocatoria, a xustificación efectuarase na forma de conta xustificativa simplificada, nos modelos oficiais xunto coa documentación que sexa preciso achegar, que deberá ser remitida electronicamente a través da sede da Deputación ou a través dos rexistros establecidos no artigo 16.4 da LPAC.
A xustificación da subvención realizarase mediante a remisión, por parte da entidade beneficiaria, da seguinte documentación debidamente asinada pola persoa responsable (os anexos están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo e deben asinarse electronicamente).
Para presentar calquera documentación presentada con posterioridade á aquela formulada coa solicitude inicial deberá presentarse no referido expediente de solicitude, na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:
https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede
Así mesmo, para acceder a expediente deberá seguir os seguintes pasos:
Para máis información:
Teléfono: 982 227 812/813
E-mails: terrasdomino@deputacionlugo.org
ancareslucenses@deputacionlugo.org
Bases da convocatoria e outra documentación de interese:
Publicación anuncio convocatoria BOP 21.02.2024
Publicación anuncio resolución provisional BOP 24.07.2024
Publicación anuncio resolución definitiva BOP 03.09.2024
Plan de Acción da Reserva da Biosfera Terras do Miño
Plan de Acción da Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
Modelo de renuncia á subvención concedida provisionalmente. Formato .odt
Modelos para a xustificación:
Anexo IV: Memoria conta xustificativa. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo V: Relación clasificada de gastos. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Anexo VI: Declaración conxunta. Formato pdf editable (prema, descargue e garde). Formato .odt
Logotipos a incluir na execución das actuacións xunto coa frase "ACTIVIDADE SUBVENCIONADA POR"
- Imaxe corporativa da Deputación de Lugo