XOIARÍA TÉCNICAS BÁSICAS II
PROGRAMA: O alumnado ampliará coñecementos e novas técnicas tradicionais sobre o traballo a realizar no obradoiro de xoiería: fabricación de volumes, aplicación de texturas ou acabados.
DATAS: Do 4 ao 25 de novembro, de luns a xoves.
HORARIO: De 16:30 a 20:30 horas
Nº DE ALUMNAS/OS: 6 (Para poder realizar este curso é necesario estar en posesión do certificado do curso Técnicas Básicas de Xoiería I)
PRAZO DE SOLICITUDE: Desde ás 9:00h do 02 de outubro ata ás 15:00h do 09 de outubro
FICHA DE INSCRICIÓN. Descargar aquí (word/pdf) e remitir, cuberta, ao enderezo formacion.centrad@deputacionlugo.org. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.
TEAR DE ALTO LIZO
PROGRAMA: Visión xeral do taller e introdución nos procedementos básicos; achegamento ao tecido en alto lizo montando cada alumno o seu tear; confección dunha peza.
DATAS: Do 14 de outubro ao 24 de novembro, de luns a xoves.
HORARIO: De 10.00 a 14.00 horas.
Nº DE ALUMNO/AS: 10
PRAZO DE SOLICITUDE: Desde ás 9:00h do 02 de outubro ata ás 15:00h do 09 de outubro
FICHA DE INSCRICIÓN. Descargar aquí (word/pdf) e remitir, cuberta, ao enderezo formacion.centrad@deputacionlugo.org. A selección dos participantes realizarase por rigorosa orde de inscrición.
***Só se admitirán aquelas solicitudes remitidas dentro do plazo establecido e que reúnan todos os datos indicados, desestimándose aquelas que incumpran algún destes requisitos. En consecuencia, para a selección do participante no curso terase unicamente en conta a hora e a data daquelas solicitudes debidamente cumprimentadas.
***Coa finalidade de garantir o aproveitamento e o cumprimento dos obxectivos formativos dos cursos só se permitirá un 15% de faltas de asistencia según o cómputo total de horas do curso, estas faltas considéranse inxustificadas cando non se presenta ningunha xustificación válida, como un certificado médico o unha autorización do centro. Se as faltas superan o límite establecido, o asistente poderá ser dado de baixa do curso e perder a oportunidade de obter o certificado correspondente