A Deputación colabora coa Feira do Ferro de Riotorto
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-04/IMG-20240421-WA0109.jpg)
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, asistiu este domingo á 15ª edición da Feira da Artesanía do Ferro de Riotorto, coa que colabora a Deputación a través dunha achega de 4.000€. Morandeira puxo en valor a artesanía da provincia de Lugo nesta cita que contou ademais con talleres de ferro, demostracións de diferentes oficios, unha exposición de artesanía e produtos do campo. Tamén actuou o coro de Riotorto e a charanga NBA, celebrouse un obradoiro de ferro infantil e un espectáculo de lume e malabares.
![Ferro](/sites/deputacionlugo.org/files/inline-images/IMG-20240421-WA0107.jpg)