A Deputación presenta 4 exemplares da Granxa Gayoso á poxa de Raza Rubia Galega que se celebra na Fonsagrada
![](/sites/deputacionlugo.org/files/2024-04/IMG-20240427-WA0079.jpg)
![Poxa na Fonsagrada](/sites/deputacionlugo.org/files/inline-images/IMG-20240427-WA0092.jpg)
O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias, participou este sábado na poxa de Gando Vacún de Raza Rubia Galega que se celebrou no recinto feiral da Fonsagrada. A Deputación presentou 4 xatas preñadas entre os 25 e os 26 meses procedentes da Granxa Gayoso Castro cun prezo de saída de 2.200€ e que acadaron un prezo medio de 2.537,5€ e un prezo máximo final que acadou os 3100€. As reses, procedentes do centro de recría que xestiona a institución provincial chegaron ao recinto gandeiro acreditadas pola súa alta calidade xenética, grazas ao traballo conxunto que vén desenvolvendo a Deputación de Lugo en colaboración coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga).