Deputación de Lugo

A Deputación impulsa a Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña que se celebra hoxe en Cervantes

POXA
Cervantes
feira do gandeiro da montaña
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participa na cuarta edición desta cita que supera os 200 animais do ano pasado entre gando vacún, equino, ovino e caprino e para a que a institución provincial achega 6.000€

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López, participou este sábado na 4ª edición da Feira en Defensa do Gandeiro da Montaña de Cervantes, unha cita que impulsa a Deputación de Lugo a través dunha achega de 6.000€.

O feiral supera os 200 animais do ano pasado entre o gando vacún, equino, ovino e caprino procedente de ganderías da Fonsagrada, Castroverde, As Nogais, Becerreá, Navia de Suarna, Cervantes ou Asturias. A Deputación de Lugo levou tres exemplares procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro á cita gandeira. O prezo medio dos animais foi de 2.516€  O máis elevado ascendeu a 2.850€.

A asociación Territorio Verde, co apoio do Concello, recuperou no ano 2019 esta feira tradicional co obxectivo de poñer en valor a actividade gandeira e enxalzar o espírito das feiras de hai 40 anos que se celebraban ao aire libre e eran o principal punto de venda de gando na Montaña lucense.

Desde primeira hora da mañá, a xornada contou coa poxa de xovencas, a entrega de premios aos mellores exemplares, sorteos e inchables para os máis pequenos. Ao longo do día, a xornada estivo amenizada polos grupos de música tradicional Os Xardois, Os Gaioleiros, e Tania e o seu acordeón.