Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación apoia á asociación Os Carro por Catro na Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria

Os Carro por Catro
Sarria
EFRÉN CASTRO

O club Os Carro x Catro celebra este sábado, 1 de xuño, en Sarria a Festa do Motor 4x4 Comarca de Sarria. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro mantivo un encontro cos organizadores da cita que pon o foco nesta comarca para os amantes do motor. Contará con representantes de toda Galicia, Asturias e Castela e León en diferentes vehículos 4x4 como todoterrenos, motos ou quads. Efrén Castro destacou “o apoio da área provincial ao deporte do motor coa achega de investimento ás diferentes  citas que se dan na provincia pero tamén coas axudas a pilotos de rally”.