Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación e o CB Breogán acompañan a Alcer no Día Nacional do Doante de Órganos

ALCER
CB Breogán
EFRÉN CASTRO
Salva Arco
DOAZÓN

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro acompañou esta mañá á Asociación para a Loita contra as Doenzas Renais -ALCER- no Día Nacional do Doante de Órganos xunto a representantes do CB Breogán. A entidade lucense instalou unha mesa de cuestación na Praza de San Marcos para visibilizar a importancia da doazón de órganos para enfermidades como as renais. Castro destacou a importancia de apoiar a entidades sociais que dan a man aos lucenses e “a través do deporte, no marco do patrocinio entre a área de deportes e o Breogán, impúlsase a participación en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables con visitas a centros educativos ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais”.