Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación destina 15.000€ ao Concello de Guitiriz para a celebración do XVII Encontro de Vilas Termais

encontros turismo
Guitiriz
O Deputado de Promoción Económica e Social e a Alcaldesa presentaron no Iberik Gran Balneario a cita que arranca este xoves, día 13 de xuño, e que se prolongará ata o sábado na localidade guitiricense, que está integrada na Rede de Vilas Termais da FEMP

Rivera Capón subliñou o importante apoio da institución neste evento, destacando que “impulsamos o turismo termal e poñemos en valor os recursos termais e os balnearios do territorio a través dun programa que na nosa provincia ten moitísimo éxito, como é o Lugo Termal”

O Encontro de Vilas Termais contará cunha mesa redonda formada por expertos para falar dos diferentes modelos de xestión das vilas termais e dos retos ós que se enfronta o sector, conferencias e ponencias sobre a dixitalización do turismo termal ou o modelo público-privado destes destinos

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, e o director do Iberik Gran Balneario, Daniel Castrillón, presentaron este martes a décimo sétima edición do Encontro de Vilas Termais, que terá lugar desde este xoves 13 de xuño, ata o 15 de xuño na localidade guitiricense co apoio da Deputación. A institución provincial destina 15.000€ ao Concello de Guitiriz a través dun convenio de colaboración para a celebración do evento, que reunirá a diversas vilas termais para promover o turismo termal, fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias, e impulsar a economía local. 

Pablo Rivera resaltou na súa intervención o impacto que este evento pode ter, non só en Guitiriz, tamén na nosa provincia, “por multitude de motivos: polo desenvolvemento económico, a promoción turística, os beneficios sociais e comunitarios, o intercambio de coñecementos e experiencias, e pola diversificación da oferta turística”. Fixo fincapé o Deputado no apoio da institución para a celebración deste evento, destacando que “impulsamos o turismo termal e poñemos en valor os recursos termais e os balnearios do territorio a través dun programa que na nosa provincia ten moitísimo éxito, como é o Lugo Termal”. 

Nesta liña, destacou Rivera Capón a aposta da Deputación por un modelo de turismo que busca atraer visitantes ao longo de todo o ano, baseado nun turismo sostible, de proximidade e de experiencias. “Precisamente o termalismo é chave nese sentido na oferta turística da provincia, porque atrae turistas durante todo o ano, porque o clima non é tan relevante; o mercado do benestar está en auxe; e favorece as escapadas cortas, chamando ás persoas que buscan un descanso rápido e relaxante”, sinalou.
Guitiriz foi elixido, na Asemblea Xeral celebrada o 11 de marzo de 2023 en Arnoia, sede do encontro deste ano pola Rede de Vilas Termais da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias), á que pertence á localidade guitiricense. 


Desenvolvemento do encontro

O XVII Encontro de Vilas Termais contará cunha mesa redonda formada por expertos para falar dos diferentes modelos de xestión das vilas termais e dos retos aos que se enfronta o sector, conferencias e ponencias sobre a dixitalización do turismo termal ou o modelo público-privado destes destinos. O programa ao detalle é o seguinte:

Xoves, 13 DE XUÑO
-20:00 h. Recibimiento da Alcaldesa aos asistentes e visita ao Iberik Gran Balneario de Guitiriz
-21:00 h. Cea

Venres, 14 DE XUÑO
-09:30 - 10:00 h. Inauguración
-10:00 - 11:00 h. Mesa redonda: Modelos de xestión das Vilas Termais e as súas experiencias. Retos nacionais e internacionais do sector. Participan:
•    Álvaro Blanco, Director da Oficina de Turismo de España en Berlín
•    Sergi Mir i Miquel. Primer Tenente de Alcalde de Caldes de Malavella
•    Mario Crecente. Director de Crecente Asociados e Presidente do comité científico de EHTTA
-11:00 - 11:30 h. Pausa-Café.
-11:30 - 12:30 h. Conferencias: A xeración de experiencias nas Vilas Termais
•    Programa de Experiencias Turismo de España
María Velasco González, Asesora do Gabinete da Secretaría de Estado de Turismo.
•    As Vilas Termais, máis aló do balneario.
Manuela Perez Izeta, Concelleira de Fomento Económico, Turismo Sostenible e Atención ao cidadán extranxeiro do Concello de Chiclana da Frontera
•    Plan de Turismo Termal - FEMP
Iñaki Gaztelumendi. Verne Tourism Experts.
-12:30 - 13:30 h. Dixitalización e medición do turismo termal
•    Observatorio del Turismo Termal - Sistema de Intelixencia Turística das Vilas Termais FEMP. Sandra Navarro. Consultora en Sien Consulting.
•    Caso de uso termal - Segittur.
César Lapuente. Dirección de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Turística en Segittur.
•    Iria Freire Puy. Responsable de dixitalización en Gala Termal.
-14:00 - 15:30 h. Xantar
-15:30 - 19:45 h. Programa Social
-21:30 h.Cea

Sábado, 14 DE XUÑO
-10:00 - 10:30 h. Como crear un modelo de cooperación público-privada entre a Villa Termal e o sector privado? A experiencia da Deputación de Ourense.
•    José Juan Cerdeira Lois. Director da Área de Benestar da Deputación de Ourense
-10:30 - 11:00 h. Presentación de Termatalia e do Congreso Termal de Archena.
•    Rogelio Martínez. Director de Termatalia
•    María Patricia Fernández López. Alcaldesa de Archena.
-11:00 - 11:30 h.Pausa-Café.
-11:30 - 13:30 h.Asemblea da Sección de Entidades Locais con Augas Minerais e Termais
- 13:45 h. Clausura
-14:00 h. Xantar