Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación apoia con 150.000€ o Resurrection Fest de Viveiro que arranca este mércores

Resurrection Fest
Viveiro
A institución provincial renova a colaboración que lle prestou dende o inicio a esta cita musical que arranca o mércores e reúne ata o sábado á noite ás mellores bandas do panorama internacional de hardcore,metal e punkna cidade doLandro

A Deputada Carmela López, enmarcou a importante achega económica da institución provincial como “un reflexo do noso compromiso co desenvolvemento cultural e económico da nosa provincia”

A Deputada de Economía, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este luns na presentación e visita ao recinto do ResurrectionFest de Viveiro, que arrancará este mércores grazas aos150.000€ que achega a institución provincial. Este evento, co que a Deputación de Lugo colabora desde os seus inicios, reunirá ata o sábado as mellores bandas do panorama internacional de hardcore, metal e punk na cidade do Landro.

“Recoñecemos a importanciadeste festival non só como un evento cultural, senón tamén como un motor económico que dinamiza a nosa comarca, atraendo a milleiros de persoas de todas as partes do mundo”, apuntou Carmela López. Engadiu que “este fluxo de visitantes non só enriquece culturalmente a nosa terra, senón que tamén impulsa o sector servizos, xerando emprego e riqueza para moitos veciños e veciñas”.

Enmarcou a importante colaboración da institución provincial como “un reflexo do noso compromiso co desenvolvemento cultural e económico da nosa provincia”, porque “sabemos que cada euro investido en cultura é un euro que retorna ao noso territorio” e explicou que esta cita “concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos”. Deu os parabéns aos organizadores e sinalou estar segura de que esta nova edición “será todo un éxito, superando as expectativas dos anos anteriores”.

Segundo comentaron os organizadores durante a presentación, esta ediciónserá a que reúna máis artistas internacionais;haberá público procedente de 43 países; e xa conta con 1.500 persoas apuntadas para casarse durante o festival, que organizará vodas por segundo ano consecutivo. No acto tamén participaron Iván Méndez e David Méndez, director do festival e membro da organización, respectivamente, así como representantes doutras institucións e entidades colaboradoras.

O programa

O mércores 26 de xuño arranca o ResurrectionFest coas bandas AliceCooper, MachineHead, ouKerryKing, entre outras. O xoves 27de xuño será a quenda de grupos como Bring me TheHorizon, BruceDickinson, ou Delain. O venres 28 de xuño, os asistentes poderán escoitar a TheOffstring, CoreyTaylor ou Sôber, entre outros. O sábado 29 será o momento de bandas como AvengedSevenfold, Megadeth ou Electric Callboy.